DocPDF Sharing Community - File Manager - PDF Files

image

DOSSIER DE PRENSA DA EXPOSICIÓN

dossier de prensa da exposiciÓn “cÉsar portela,arquitecto” “Ó longo da miña obra coido que fun deixando de lado cuest
15 Mar, 2023
Date
114.60 KB
Size
2459
Views
1469
Downloads
A
Pic
Pic
Pic
S
Pic
P
Pic
+42

Start relevant disscusion about this document:

Preview PDF

Showing preview pdf file

Drop related files here or click to upload.

Upload up to 10 files

Related Files

Showing 7 files
Icon
DOSSIER DE PRENSA DA EXPOSICIÓN “CÉSAR PORTELAARQUITECTO” “Ó
dossier de prensa da exposición “césar portela,arquitecto” “ó longo da miña obr
Icon
DOSSIER DE PRENSA PRESENTACIÓN SIMULTÁNEA EN EUROPA DEL MAYOR
dossier de prensa presentación, simultánea en europa, del mayor estudio sobre ‘medicamentos’ falsificados: cracking counterfeit europ
Icon
DOSSIER TÉCNICO MEDICACIONES EN EL AGUA DE BEBIDA DOSSIER
dossier técnico: medicaciones en el agua de bebida. dossier técnico uso del agua de bebida como ví
Icon
PRENTSA TXOSTENA – DOSSIER DE PRENSA LITERAKTUM 07 LITERAKTUMEN
prentsa txostena – dossier de prensa literaktum 07 literaktumen hirugarren edizio hau maiatzaren 15etik 19ra burutuko
Icon
DOSSIER DE PRENSA ŠKODA TITAN SERIES ALMERIA 2021 LA
dossier de prensa škoda titan series almeria 2021 la competición en cifras * 4 etapas + 1 prólogo *
Icon
10 PÁGINA DOSSIER INFORMATIVO ASPECTOS NORMATIVOS DE INTERÉS DE
10 página dossier informativo aspectos normativos de interés de la sociedad limitada nueva empresa ley 7/2003, de 1 de
Icon
PAMPLONA 22 DE SEPTIEMBRE DE 2010 DOSSIER DE PRENSA
pamplona, 22 de septiembre de 2010 dossier de prensa recogidas 64 toneladas de envases en cinco meses en las mancomunidades
Sharing community where you can transfers and download files. At present more than 1.000.000 documents are submitted to our system. Do you need us to host your document? You can upload documents for a free. Invite DocPDF Collaboratorsto create great outstanding read to read community.
- Followers
- @DocPDF
- #DocPDF
SPREAD KNOWLEDGE - SHARE IT! Copy and paste the link wherever you want and start sharing!
Link:

Transcript

DOSSIER DE PRENSA DA EXPOSICIÓN “CÉSAR PORTELA,ARQUITECTO”

“Ó longo da miña obra coido que fun deixando de lado cuestións
banais, formas gratuítas, materiais inútiles, xestos innecesarios,
non escoitar falsos cantos de serea, resistir múltiples tentacións,
apartar todo aquilo que puidese ser accesorio, desprenderme de todo o
que non resista a proba da necesidade, quedar só co esencial,
aproximarme ó misterio, procurando a transcendencia da linguaxe cara
ó silencio. Un silencio logrado como vontade de disolvela propia voz
individual no vasto territorio anónimo da Arquitectura.

Esta é a arquitectura que me gusta e na que me recoñezo plenamente.
Cada vez máis núa, cada vez máis sinxela, cada vez máis
transcendente, cada vez máis persoal e á par menos personalista.
Máis ligada por secretos lazos á Historia e á Xeografía procurando
o encontro coa Cultura e coa vida, máis alá do tempo e do lugar no
que se produce.”

César Portela
Datos biográficos

Nado en Pontevedra en abril de 1937, César Portela ten recollido
máis dunha vintena de premios entre os que se contan os seguintes:

*
1981 Premio Nacional de Urbanismo polo "Plan especial de
intervención no Pazo de Oca e no seu contorno", Pontevedra
*
1985 Award of The Architectural Institute of Japan pola "Ponte
Azuma" sobre o río Uchikawa, Xapón
*
1997 Premio Internacional de Arquitectura en Piedra polo edificio
"Domus", A Coruña
*
199899 Premio Nacional de Arquitectura Española pola "Estación
de Autobuses de Córdoba"
*
2001 Premio de las Artes y de la Ciencia
*
2002 Premio Europeo "Philippe Rotthier" polo "Cemiterio de
Fisterra"
*
2003 Seleccionado para o European Union Prize for Contemporary
Architecture Mies Van Der Rohe Award polo "Cemiterio de Fisterra"
SÍNTESE DO PROXECTO EXPOSITIVO
Dentro da liña de programación do MARCO de Vigo, “César Portela,
arquitecto” significa un importante punto de inflexión, xa que por
vez primeira unha exposición monográfica se inclúe nas súas
exposicións temporais, xeneralmente colectivas e temáticas.

Existe unha boa razón para esta novidade, pois outro dos obxectivos
do MARCO é a pluridisciplinariedade, a necesidade de incluir na súa
programación disciplinas clave para a estética contemporánea como a
arquitectura, o deseño, o cine, os audiovisuais e tantas outras
formas de expresión. Como é ben sabido, as exposicións colectivas
ou temáticas sobre arquitectura son prácticamente inexistentes.

De ahí que se teña optado por este proxecto, pensado para achegar ó
público a figura profesional e artística de César Portela, un dos
arquitectos coa traxectoria máis interesante e internacional das
últimas décadas en España.

A exposición concíbese como un itinerario por toda a súa obra,
desde os primeiros traballos –como as paradigmáticas vivendas dos
xitanos de Pontevedra– á Ponte "Azuma" en Xapón, o Proxecto do
Bloque nº 14 do Malecón de La Habana ou a Estación de Autobuses de
Córdoba, ata chegar ós seus derradeiros proxectos en Galicia: o
Verbum–Casa das Palabras en Vigo, o Museo do Mar de Galicia en Vigo
–proxectado na súa primeira versión con Aldo Rossi e finalizado
por Portela–, o Cemiterio de Fisterra en A Coruña ou o proxecto do
futuro Pazo de Congresos de Vigo.

A montaxe da mostra convirte as salas de exposición da primeira
planta nun percorrido pola vida e obra do arquitecto, estructurado nos
seguintes ámbitos temáticos/cronolóxicos/xeográficos:

1.
Reconstrucción de interiores: o estudio do arquitecto

2.
Obras en Vigo

3.
Reconstrucción de interiores: muestrario dos materiais utilizados
na súa obra

4.
Obras en Galicia

5.
Vivendas unifamiliares

6.
Diaporama con imaxes do seu albume privado

7.
Obras fóra de Galicia

As construccións de César Portela caracterízanse pola súa
esencialidade, por unha especie de vontade de retorno ás orixes, por
un neominimalismo ornamentado con fragmentos de pizarra como frescos
ornamentais ou peles tatuadas que envolven os edificios e, ó mesmo
tempo, pola necesidade de crear un orde dentro do contorno natural.

Conscientes de que o protagonista da exposición ten pouco que
demostrar, o proxecto expositivo ten un marcado carácter didáctico e
comunicativo, e a aprendizaxe da arquitectura a través da súa
contemplación prima sobre calquera outro criterio. Para isto
concibiuse un percorrido baseado en pautas cronolóxicas e de
situación, que se apoia en maquetas, en reproduccións fotográficas
dos edificios que forman series de cinco imaxes en distintos formatos,
e na reproducción a grande escala de cada un dos edificios máis
emblemáticos. As series fotográficas compleméntanse cun espacio
destinado a videoproxeccións e unha sala de documentación, na que o
visitante poderá obter máis información sobre a obra do arquitecto.

Especialmente novidosa resulta a recreación, dentro das paredes do
museo, do estudio do arquitecto, para que os espectadores podan
coñecer de primeira man as influencias estéticas, literarias,
musicais, cinematográficas ou filosóficas na obra de César Portela
ó longo de todos estes anos; ou mesmo as súas coleccións de
máscaras e de exvotos mexicanos. Voyeurs e curiosos asomámonos ó
seu lugar de creación, que nos desvela o contorno máis íntimo do
arquitecto como “creador de mundos”, con toda a responsabilidade
que isto implica.

TEXTO DA COMISARIA

Sobre o sentido e o deseño da exposición

A presente exposición, “César Portela, arquitecto”, nace dunha
doble necesidade que se complementa: por unha parte reivindicala
figura do arquitecto nun contexto urbanisticamente maltratado como o
galego, no que nas últimas décadas se construíu atendendo a
criterios espontáneos que emerxían das necesidades, da conciencia
(ou inconsciencia) e do capricho de calquera, sen aterse a uns
dictados urbanísticos rigorosos e respectuosos cun contorno en moitos
casos xa irrecuperable; por outra banda, dar a coñecer, de forma
retrospectiva, o traballo dun dos arquitectos galegos cunha das
traxectorias máis sólidas: César Portela. O exemplo doutros países
cun bagaxe histórico máis estable ensinounos que só desde o
coñecemento, desde a concienciación, é posible construír un futuro
mellor. Isto explica que se concebise con sumo coidado o deseño desta
exposición, alonxándonos de esquemas excesivamente técnicos ou
pretenciosos, para preferenciar unha proximación cálida, amena e
didáctica á obra de César Portela, unha aproximación desde a que
sexa posible aprehender a arquitectura tal e como a entendemos os que
traballamos neste proxecto, isto é, a arquitectura como percepción
de vida.

De tal xeito, dividimos o primeiro andar do MARCO nunha serie de
áreas xeográficas independentes –Vigo, Galicia e resto do mundo–
para facer máis cómoda a viaxe do espectador polo particular
imaxinario de César Portela, desde a certeza de que non só
compartirán con él unha serie de construccións diseminadas ó longo
e ancho do mundo, senón verdadeiros fragmentos de vida intimamente
conectados con determinadas culturas, vivencias, pasións ou sons.
Buscamos que o público perciba a arquitectura, o traballo do
arquitecto, en toda a súa proximidade e franqueza, palpando a textura
dos materiais, diferenciando as súas cores, apreciando a marabillosa
humildade e beleza que se agocha, por exemplo, nun modesto fragmento
de estuco, ou que ese mesmo espectador se convirta en cómplice do
cosmos particular do arquitecto, para o que reproduciremos un pequeno
fragmento do seu denso e complexo mundo no Museo.

Sobre o artista

No transcurso dunha entrevista preguntábanlle a César Portela se
creía na existencia dunha arquitectura galega, ou mellor, dunha
arquitectura feita para Galicia. A resposta do arquitecto non se fixo
agardar: “Non hai un arquitecto galego, hai un arquitecto que
constrúe en Galicia, en Andalucía, en Xapón ou en Venezuela. En
cada sitio teste que imbuír dos problemas e tentar dar unha resposta,
coñecelos materiais, as maneiras constructivas... entender que a
arquitectura, ademáis de dar unha resposta ós usuarios, ten que dar
unha resposta antropolóxica, ir á raíz. Ahí reside a clave...".

Liberada a arquitectura do dogma racionalista e asumida a realidade de
vivir nun mundo cada vez máis globalizado e disperso, prantexarse a
cuestión dun arte galego ou dunha arquitectura especificamente galega
devén nunha pequena boutade. A arte, a arquitectura boa debe ser
absolutamente universal, e a de César Portela o é. Outra cousa é
que a propia especificidade da súa orixe lle permita moverse con
máis comodidade no marco dunhas referencias concretas, deixándose
contaminar por unhas de xeito máis intenso, rexeitando outras, pero
en todo caso sen perder en ningún momento de vista o xeral, o
contexto internacional e mailo dictado dos grandes mestres, sexan
arquitectos, pintores, escritores, músicos ou filósofos.

Desde aquelas primeiras experiencias constructivas, as Casas
unifamiliares, ou as orixinalísimas Vivendas dos xitanos
(Pontevedra), o autor foi madurando un estilo propio caracterizado
pola depuración, pola urxente necesidade de desprenderse de todo o
accesorio. Penso no sublime Cemiterio de Fisterra cheo de citas
Románticas, no inconmensurable Museo do Mar (Vigo) realizado en
colaboración co mestre italiano Aldo Rossi, na Estación de Autobuses
de Córdoba, nos proxectos acabados de inaugurar, na Casa de las
Palabras (Vigo) e nos que están por chegar: os Pazos de Congresos e
Comunicacións de Vigo e A Coruña... e en todos eles é posible
apreciala complexidade que agocha o aparentemente sinxelo. A
capacidade de Portela para conxugar o autóctono e mailo universal, a
súa modestia, ese saber agocharse cando a supervivencia dunha
árbore, dun fragmento de mar ou dunha rocha o require; o seu
compromiso coa nosa xeografía, cun paisaxe vilipendiado e ignorado
durante tantos anos de vandalismo constructivo, o sitúa na tradición
de aqueles artistas ilustrados para os que o dominio exclusivo da súa
propia profesión é sinónimo de raquitismo creativo e intelectual.
Estamos, pois, fronte a un autor extremadamente meticuloso no xeral,
pero tamén en aqueles pequenos detalles, matices incluso, que forman
parte da sensibilidade individual e secreta –imaxinar unha montaña
nevada nun terrón de azucre– e que son, malia moitos, os que fan
verdadeiramente grande a un artista.

Non somos o suficientemente conscientes da importancia que a
arquitectura xoga nas nosas vidas, de como o entendemento arbitrario e
egocéntrico da mesma pode amargala nosa existencia (ou ó
contrario), e son tantos os exemplos que nos ven dando la historia,
proporcionarnos un placer infinito. E este é, como xa sinalei en
liñas anteriores, o fin último da presente exposición: inxectar no
público a necesidade, case a obriga, de ser máis ambiciosos, de non
conformarnos co que os especuladores promoven impunemente á redor
noso; exixir que outra cidade, que outro mundo é posible, e, que na
conformación deste novo espacio, dunha nova Galicia se se quere, a
arquitectura, os arquitectos, deben desenvolver un papel fundamental.

As creacións de César Portela adoitan ser identificadas coa busca do
esencial, unha esencialidade que, non obstante, dialoga intensamente
cun contexto cultural e antropolóxico no exento de moreas de matices:
formas simples e xeométricas ornamentadas con fragmentos de pizarra
que, como peles tatuadas, envolven os edificios devolvéndoos a unha
realidad histórica e plural que trata de non perder de vista aqueles
valores intemporais alusivos á necesidade de crear un orde dentro do
desorde do orde natural. Semella un trabalinguas, pero non o é. Tras
el subxace a enorme responsabilidade do arquitecto como creador de
mundos. Nunha espiral na que o verdadeiro suxeto histórico son as
masas, e a arquitectura, en moitos casos, devén en puro espectáculo,
a obra de César Portela non renuncia ó carácter de utopía
colectiva que a arquitectura tivo na súa oríxe, cando os arquitectos
eran heroes, demiurgos capaces de crearen obras singulares, cunha
trascendencia no seu significado que desbordaba con moito a mera
individualidade. Pero este é un privilexio reservado só a uns
poucos, a aqueles que, como César Portela, saben que moita da grande
arquitectura xorde do interior, da introspección.

More Files

Showing 20 files
Icon
TIPOLOGIAS MBTI ISTJ INTROVERSIÓN SENTIDO PENSAMIENTO JUICIO LOS ISTJ
tipologias mbti istj introversión sentido pensamiento juicio los istj son minuciosos, sistemáticos, esmerados, trabajadores y detallis
Icon
MINUTA INFORMATIVA ANIVERSARIO DE LA AGRUPACIÓN DE JUNTAS DE
minuta informativa aniversario de la agrupación de juntas de vecinos por la seguridad ciudadana iquique, 11 de abril de 2018 ac
Icon
ACCESIBILIDAD WEB EN PORTALES DE LA BANCA EN ESPAÑA
accesibilidad web en portales de la banca en españa versión sintética accesibilidad web en portales de la banca en
Icon
COMUNIDAD ANDINA SECRETARIA GENERAL RESOLUCIÓN 025 13 DE NOVIEMBRE
comunidad andina secretaria general resolución 025 13 de noviembre de 1997 resolucion 025 resolucion 025 norma
Icon
DECLARACIÓN RESPONSABLE Y HOJA DE FIRMA DE ASISTENCIA A
declaración responsable y hoja de firma de asistencia a reunión de patronato celebrada por medios telemáticos don/doña  , con dni  , p
Icon
TALLERES 2009 PARA UNA FORMACION INTEGRAL OBJETIVO POTENCIAR Y
talleres 2009 para una formacion integral objetivo potenciar y complementar la formación integral de los alumnos de la fae, a trav
Icon
PERÚ MINISTERIO DEL AMBIENTE SECRETARIA GENERAL OFICINA GENERAL DE
perú ministerio del ambiente secretaria general oficina general de administración “decenio de las personas con discap
Icon
CONSTANCIA DE ESTAR DESEMPEÑANDO OTRO EMPLEO O COMISIÓN EN
constancia de estar desempeñando otro empleo o comisión en otra dependencia o entidad de la administración pública federal
Icon
137 “CREO EN EL PERDÓN DE LOS PECADOS” SR
137 “creo en el perdón de los pecados” sr. cura dr. félix castro morales
Icon
INTRODUCCION EN LA ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA PODEMOS ENCONTRARNOS
introduccion: en la asignatura de educación física podemos encontrarnos con alumnos o alumnas que debido a algún problema de salud, no pueda
Icon
NOTA DE PRENSA UNA QUINCENA DE MENORES CON DISCAPACIDAD
nota de prensa una quincena de menores con discapacidad realiza un taller de microbiología dentro del programa escuela de la ciencia u
Icon
PRIMERA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL CONSEJO ANDINO DE MINISTROS DE
primera reunión extraordinaria del consejo andino de ministros de relaciones exteriores 10 de agosto de 1998 quito ecuador dec
Icon
TITULO DEL CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS Y EDUCACIÓN SÍNTESIS EL
titulo del curso: nuevas tecnologías y educación. síntesis: el propósito del curso está centrado en fomentar la utilización de nuevas tecnol
Icon
UNIVERSIDAD DE BURGOS COMISIÓN DE DOCTORADO DEPARTAMENTO CONSTRUCCIONES ARQUITECTÓNICAS
universidad de burgos comisión de doctorado departamento construcciones arquitectónicas e i.c.t. tesis doctorales titulo: determinación
Icon
COLEGIO BTA IMELDA–STO TOMÁS FUNDACIÓN EDUCATIVA SANTO DOMINGO CIF
colegio bta. imelda–sto. tomás fundación educativa santo domingo cif: g84934371 autoforma 2 1º de bachillerato reserva de plaza
Icon
CVMARÍA CRISTINA AÑÓN PROFESOR TITULAR Y COORDINADOR DEL
cvmaría cristina añón profesor titular y coordinador del área bioquímica y control de alimentos, facultad de ciencias exactas, unlp
Icon
RESOLUCION NO 254 DE HOJA NO 4 DE 4
resolucion no. 254 de hoja no. 4 de 4 por la cual se declaran de utilidad pública e interés social zonas adicionales, necesarias para l
Icon
VIERNES 3 DE SEPTIEMBRE DE 2021 DIARIO OFICIAL 10
viernes 3 de septiembre de 2021 diario oficial 10 poder legislativo camara de diputados decreto por el que se expide el reglamento que
Icon
LA IMPORTANCIA DE LA IMAGEN LO MÁS APROPIADO
la importancia de la imagen lo más apropiado en las entrevistas de selección la primera impresión, sobre todo la de la imagen, tiene un p